O Concello organiza unha charla con este experto mestre carpinteiro este mércores 30 de outubro ás 19.30 horas no salón de plenos. Dirixida a público xeral e de balde
A actividade forma parte do proxecto de rehabilitación das carpintarísa de ribeira da Seara, que avanza con paso firme
Recuperar as carpintarías de ribeira para manter vivo o legado da xente do mar. Con esta filosofía, o Concello de Moaña continúa avanzando no proxecto de rehabilitación das emblemáticas carpintarías de ribeira da Seara, un espazo que se converterá nun referente da cultura e do patrimonio mariñeiro da vila.
Ao abeiro desta iniciativa, este mércores 30 de outubro, o mestre carpinteiro do estaleiro Triñanes e membro da Asociación Galega de Carpintarías de Ribeira e de Culturmar Gerardo Triñanes ofrecerá unha charla de balde ás 19.30 horas na Sala de Exposicións do Concello Vello para achegar ao público a importancia de conservar e recuperar as carpintarías de ribeira, patrimonio vivo que forma parte da rica historia e cultura mariñeira galegas. A conferencia estará aberta ao público xeral.
O proxecto de rehabilitación das carpinterías de ribeira da Seara, cofinanciado pola Deputación de Pontevedra, o GALP Ría de Vigo – A Guarda e con fondos propios do Concello, busca converter os estaleiros tradicionais de Carlagho e Casqueiro nun espazo para uso museístico e cultural integrado na gran praza de preferencia peonil na que se transformará o tramo final da Avenida Concepción Arenal. Cun custe de case un millón de euros, ademais de recuperar a estrutura de madeira destas instalacións, formada por pórticos característicos, o proxecto prevé tamén continuar o paseo marítimo actual respectando as ramplas varadoiro.