Rematando cuestións de cantería, consolidación de ramplas e muro litoral. Así están as obras de rehabilitación dos dous estaleiros de Casqueiro e de Carlagho, no fronte marítimo de Seara, no casco urbano de Moaña, que o Concello adxudicou á empresa Gallaecia e que comezaron a finais de xullo pasado baixo a dirección da UTE «FP Arquitectura». A firma está integrada polos dous arquitectos que traballaron na redacción deste proxecto: Óscar Fuertes Dopico, no que corresponde a esta primeira fase de posta en valor das carpintarías; e Iago Fernández Penedo, como autor do proxecto da que sería a segunda fase, consistente nunha gran praza fronte ás carpintarías cara á rúa Concepción Arenal.