O valor de recuperar o noso patrimonio marítimo

Proxecto de rehabilitación das Carpinterías de Ribeira da Seara

O proxecto busca poñer en valor o patrimonio marítimo de Moaña a través da restauración dos estaleiros tradicionais de Carlagho e Casqueiro. Este espazo museístico e cultural, situado ao final da Avenida Concepción Arenal, integra a historia e a tradición mariñeira coa modernidade, transformando a contorna nunha praza pública de convivencia e lecer. Descubre a riqueza do noso pasado e a esencia das nosas raíces mariñeiras!

Conservación Histórica

Preservamos o legado marítimo de Moaña

Espazo Cultural

Un lugar para aprender, compartir e desfrutar

Patrimonio Renovado

Rescatando a tradición, mirando ao futuro

Conexión coa Ría

Unha ponte entre a terra e o mar

A Historia Viva de Moaña

As Carpinterías de Ribeira de Carlagho e Casqueiro son un testemuño vivo do legado mariñeiro de Moaña, cuxas orixes se remontan aos inicios do século XX. Estes estaleiros tradicionais dedicáronse durante décadas á construción de embarcacións de madeira, empregando técnicas transmitidas xeración tras xeración.

A rehabilitación preserva a autenticidade das carpintarías, respetando a súa estrutura de madeira e os seus elementos históricos, como as ramplas-varadoiro e as plataformas de traballo. Estes espazos convértense agora en lugares de divulgación cultural, mantendo vivo o espírito e a memoria dos nosos carpinteiros.

Máis información

Un novo espazo para as persoas

O proxecto de rehabilitación, impulsado polo Concello de Moaña, en colaboración coa Deputación de Pontevedra e o GALP Ría de Vigo – A Guarda, ten como obxectivo a restauración integral das Carpinterías de Ribeira de Casqueiro e Carlagho.

Esta iniciativa busca devolverlle á veciñanza e aos visitantes un espazo de gran valor cultural e etnolóxico, recuperando as estruturas de madeira orixinais e consolidando as ramplas-varadoiro, para permitir un uso polivalente orientado ao lecer e á cultura marítima. 

Máis información

Revive a tradición mariñeira, descubre a esencia de Moaña

Actualidade